Tema 1 · Preliminares← Todas as webs

Potencias e funcións exponenciais

A función exponencial $f(x)=a^x$, con $a>0$, está definida en todo $\mathbb R$ e sempre é positiva. A función potencia $g(x)=x^p$ ten a base variábel e o expoñente fixo; o seu dominio depende de $p$.

arrastra para mover · roda para ampliar

Que observar

  1. Todas as exponenciais pasan por $(0,1)$, porque $a^0=1$.
  2. Se $a>1$ a función é crecente; se $0\lt a\lt 1$ é decrecente; se $a=1$ é constante. As gráficas de $a^x$ e $(1/a)^x$ son simétricas respecto do eixe $OY$, xa que $(1/a)^x=a^{-x}$.
  3. A propiedade $a^{x+y}=a^x\,a^y$ converte sumas en produtos: activa a comprobación e move $x_0$.
  4. No modo potencia, con $p$ enteiro positivo o dominio é $\mathbb R$; con $p$ non enteiro só consideramos $x\ge 0$ (ou $x>0$ se $p<0$). Todas pasan por $(1,1)$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 1, sección «Potencias e propiedades».