Tema 1 · Preliminares← Todas as webs

Funcións trigonométricas inversas

O seno non é inxectivo en $\mathbb R$: moitos ángulos teñen o mesmo seno. Para invertelo restrinximos o dominio a un intervalo onde sexa estritamente monótono. A elección habitual é $[-\frac{\pi}{2},\frac{\pi}{2}]$ para o seno, $[0,\pi]$ para o coseno e $(-\frac{\pi}{2},\frac{\pi}{2})$ para a tanxente.

move o valor $y$

Que observar

  1. A recta horizontal $y=c$ corta a gráfica completa infinitas veces, pero a parte restrinxida (trazo groso) só unha vez: esa é a solución que devolve a función inversa.
  2. A gráfica da inversa (violeta) é a reflexión do tramo groso respecto de $y=x$.
  3. $\arcsen$ e $\arccos$ só están definidas en $[-1,1]$; $\arctan$ está definida en todo $\mathbb R$ e ten asíntotas horizontais $y=\pm\frac{\pi}{2}$.
  4. Comproba que $\arcsen c+\arccos c=\frac{\pi}{2}$ para todo $c\in[-1,1]$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 1, sección «Trigonometría».