O produto escalar é positivo se o ángulo é agudo, negativo se é obtuso e cero se os vectores son ortogonais.
Cauchy-Schwarz: $|\langle \mathbf u,\mathbf v\rangle|\le\|\mathbf u\|\|\mathbf v\|$, con igualdade só cando os vectores son proporcionais (aliñados).
Desigualdade triangular: $\|\mathbf u+\mathbf v\|\le\|\mathbf u\|+\|\mathbf v\|$. O lado dun triángulo nunca é máis longo que a suma dos outros dous.
A proxección é a «sombra» de $\mathbf u$ sobre a recta de $\mathbf v$; o vector $\mathbf u-\operatorname{proj}_{\mathbf v}\mathbf u$ é ortogonal a $\mathbf v$.
Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 3, sección «O espazo euclidiano ℝⁿ».