Tema 3 · Xeometría de ℝⁿ← Todas as webs

Normas e bolas en ℝ²

Ademais da norma euclidiana hai outras maneiras de medir a lonxitude dun vector. Para $p\ge1$, a norma $p$ é

$\|\mathbf x\|_p=\left(|x_1|^p+|x_2|^p\right)^{1/p},\qquad \|\mathbf x\|_\infty=\max\{|x_1|,|x_2|\}.$

A bola de centro $\mathbf a$ e radio $r$ é $B(\mathbf a,r)=\{\mathbf x:\|\mathbf x-\mathbf a\|\lt r\}$. A súa forma depende da norma escollida.

arrastra o punto x

Que observar

  1. Con $p=1$ a bola é un rombo, con $p=2$ un círculo e, ao medrar $p$, aproxímase ao cadrado da norma $\infty$.
  2. Todas as normas de $\mathbb R^n$ son equivalentes: $\|\mathbf x\|_\infty\le\|\mathbf x\|_2\le\|\mathbf x\|_1\le 2\|\mathbf x\|_\infty$ (en $\mathbb R^2$). Por iso as bolas dunha norma sempre conteñen e están contidas en bolas doutra: os conceptos de límite e continuidade non dependen da norma.
  3. Comproba as desigualdades movendo o punto $\mathbf x$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 3, sección «O espazo euclidiano ℝⁿ».