Tema 4 · Topoloxía de ℝⁿ← Todas as webs

Puntos interiores, fronteira e acumulación

Toda a topoloxía de $\mathbb R^2$ se constrúe con bolas $B(\mathbf p,r)$. Dado un conxunto $A$ e un punto $\mathbf p$:

arrastra o punto p (achégase só ás fronteiras)

Que observar

  1. Os puntos da fronteira dun disco aberto non pertencen ao conxunto; os dun disco pechado si. Un conxunto é aberto se todos os seus puntos son interiores e pechado se contén toda a súa fronteira. O anel do exemplo 3 non é nin aberto nin pechado.
  2. Un punto pode ser de acumulación sen pertencer ao conxunto: o límite $(-2,-1{,}5)$ da sucesión de puntos do exemplo 4.
  3. Os puntos illados son sempre de fronteira: calquera bola contén o punto (que está en $A$) e puntos de fóra.
  4. Unha curva (exemplo 5) non ten puntos interiores: toda ela é fronteira.
  5. A clasificación depende de que exista algún radio, ou de que se cumpra para todos: reduce $r$ e observa que os resultados para un radio concreto poden cambiar.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 4, sección «Topoloxía».