Tema 5 · Sucesións de números e vectores← Todas as webs

O límite dunha sucesión: o xogo ε-N

A sucesión $(a_n)$ converxe a $L$ se, para todo $\varepsilon>0$, existe $N\in\mathbb N$ tal que $|a_n-L|\lt\varepsilon$ para todo $n\ge N$. Pénsao como un xogo: ti propós unha banda de anchura $\varepsilon$ arredor de $L$ e a sucesión ten que responder cun $N$ a partir do cal todos os termos quedan dentro.

arrastra para mover · roda para ampliar

Que observar

  1. Canto menor é $\varepsilon$, maior é o $N$ necesario. O que importa é que sempre exista algún $N$.
  2. Se propós un valor de $L$ que non é o límite, chega un $\varepsilon$ para o que ningún $N$ funciona.
  3. A sucesión $(-1)^n$ non converxe: para $\varepsilon\lt 1$ non hai ningún $L$ que funcione, porque os termos saltan entre $-1$ e $1$.
  4. Os primeiros termos (en gris) non inflúen no límite: podes cambiar un número finito de termos sen alterar a converxencia.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 5, sección «Converxencia».