Tema 5 · Sucesións de números e vectores← Todas as webs

Subsucesións e sucesións oscilantes

Unha subsucesión de $(a_n)$ é $(a_{n_k})$ con $n_1\lt n_2\lt\cdots$. Se $(a_n)$ converxe a $L$, todas as súas subsucesións converxen a $L$. Por iso, se atopamos dúas subsucesións con límites distintos, a sucesión non converxe: é oscilante.

Aquí separamos os termos segundo o resto de $n$ ao dividir entre $k$ (as subsucesións $a_{kj+i}$), cada unha cunha cor.

Que observar

  1. En $(-1)^n+\frac1n$ os termos pares achéganse a 1 e os impares a $-1$: dous límites distintos, logo non hai límite.
  2. En $\cos\frac{n\pi}{2}$ hai que separar segundo o resto ao dividir entre 4: os valores repítense $0,-1,0,1,\dots$
  3. En $\sen n$ ningunha separación sinxela funciona: os termos enchen densamente $[-1,1]$, e calquera punto dese intervalo é límite dalgunha subsucesión.
  4. Teorema de Bolzano-Weierstrass: toda sucesión limitada ten algunha subsucesión converxente.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 5, sección «Sucesións diverxentes e oscilantes».