Tema 5 · Sucesións de números e vectores← Todas as webs

A xerarquía dos infinitos

Moitos límites indeterminados do tipo $\frac{\infty}{\infty}$ resólvense sabendo que velocidade de crecemento ten cada sucesión. Para $p>0$ e $a>1$:

$\ln n \ll n^p \ll a^n \ll n! \ll n^n,$ onde $x_n\ll y_n$ significa $\displaystyle\lim_{n\to\infty}\frac{x_n}{y_n}=0$.

Como os valores crecen moito, debuxamos $\log_{10}$ de cada sucesión (escala logarítmica).

eixe vertical: log₁₀ do valor

Que observar

  1. Ao principio pode gañar a sucesión «lenta»: $n^{10}$ é moito maior que $2^n$ para $n$ pequeno. Pero a partir dalgún $n$ a exponencial supéraa para sempre.
  2. O cociente $x_n/y_n$ tende a 0 cando $x_n\ll y_n$: na escala logarítmica a diferenza entre as dúas curvas crece sen límite.
  3. Busca o punto de corte: con $p=10$ e $a=2$ prodúcese preto de $n=59$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 5, sección «Cálculo de límites».