Tema 6 · Series de números reais← Todas as webs

Series: termos e sumas parciais

A serie $\sum_{n\ge1} a_n$ é a sucesión das sumas parciais $S_N=a_1+a_2+\cdots+a_N$. A serie converxe se $(S_N)$ ten límite finito $S$, e entón escribimos $\sum a_n=S$.

Condición necesaria: se $\sum a_n$ converxe, entón $a_n\to 0$. O recíproco é falso (a serie harmónica).
termos $a_n$
sumas parciais $S_N$

Que observar

  1. Serie xeométrica $\sum_{n\ge1} r^{n-1}$: converxe a $\frac{1}{1-r}$ se e só se $|r|\lt 1$. Proba $r=-1$: as sumas parciais oscilan entre 1 e 0.
  2. Na serie harmónica os termos tenden a 0, pero as sumas parciais crecen sen límite, aínda que moi amodo: $S_N\approx\ln N+0{,}5772$.
  3. Na telescópica $\frac{1}{n(n+1)}=\frac1n-\frac1{n+1}$ os termos cancélanse: $S_N=1-\frac1{N+1}\to1$.
  4. $\sum\frac1{n^2}=\frac{\pi^2}{6}$ (problema de Basilea, resolto por Euler en 1734).

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 6, sección «Series de números reais».