Tema 6 · Series de números reais← Todas as webs

A serie p e o criterio da integral

Cada termo $\frac1{n^p}$ é a área dun rectángulo de base 1. Comparando eses rectángulos coa área baixo a curva $f(x)=\frac1{x^p}$ (decrecente e positiva) obtemos

$\displaystyle\int_1^{N+1}\frac{dx}{x^p}\;\le\; S_N=\sum_{n=1}^N\frac1{n^p}\;\le\;1+\int_1^{N}\frac{dx}{x^p}.$

Así, a serie e a integral impropia $\int_1^\infty x^{-p}\,dx$ teñen o mesmo carácter: converxen se e só se $p>1$.

arrastra · roda para ampliar

Que observar

  1. Os rectángulos á esquerda (laranxa, de altura $f(n)$ no intervalo $[n,n+1]$) quedan por riba da curva; desprazados unha unidade á esquerda, quedan por debaixo.
  2. Con $p=1$ a integral $\int_1^N\frac{dx}{x}=\ln N$ crece sen límite e a suma tamén. Con $p=1{,}01$ a serie xa converxe, aínda que moi lentamente.
  3. Para $p>1$, a cola cumpre $\sum_{n>N}\frac1{n^p}\le\frac{N^{1-p}}{p-1}$: unha estimación do erro de truncar a serie.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 6, sección «Series de números reais».