Tema 6 · Series de números reais← Todas as webs

Teorema de reordenación de Riemann

Nunha suma finita a orde dos sumandos non importa. Nunha serie, si pode importar:

Teorema de Riemann. Se $\sum a_n$ converxe condicionalmente, para calquera $T\in\mathbb R$ existe unha reordenación dos seus termos cuxa suma é $T$. En cambio, se a serie converxe absolutamente, todas as reordenacións teñen a mesma suma.

Algoritmo: sumamos termos positivos (na súa orde) ata superar $T$; despois negativos ata quedar por debaixo; e repetimos. Funciona porque os positivos e os negativos, por separado, suman $+\infty$ e $-\infty$, e os termos tenden a 0.

Que observar

  1. Coa serie harmónica alternada $1-\frac12+\frac13-\frac14+\cdots=\ln2$ podes chegar a calquera valor $T$: as sumas parciais da reordenación oscilan arredor de $T$ cada vez máis cerca.
  2. Para $T$ grandes fan falta moitísimos positivos ao principio (a serie dos positivos diverxe moi amodo).
  3. Con $\sum\frac{(-1)^{n+1}}{n^2}$, que converxe absolutamente, os positivos só suman $\frac{\pi^2}{8}\approx1{,}2337$: o algoritmo non pode superar ese valor e a reordenación non chega a $T$ se $T$ é maior. Ademais, toda reordenación completa suma o mesmo, $\frac{\pi^2}{12}$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 6, sección «Series de números reais».