Tema 6 · Series de números reais← Todas as webs

Series de potencias e radio de converxencia

Unha serie de potencias $\sum_{n\ge0} c_n x^n$ converxe nun intervalo centrado en 0 de radio $R$ (o radio de converxencia): converxe absolutamente se $|x|\lt R$ e diverxe se $|x|\gt R$. Nos extremos $x=\pm R$ pode pasar calquera cousa, e hai que estudalos á parte.

$\displaystyle \frac1R=\lim_{n\to\infty}\left|\frac{c_{n+1}}{c_n}\right|$ ou $\displaystyle \frac1R=\lim_{n\to\infty}\sqrt[n]{|c_n|}$, cando estes límites existen.
arrastra o punto x₀ · roda para ampliar

Que observar

  1. Dentro do intervalo $(-R,R)$, ao aumentar $N$ os polinomios $S_N$ péganse á función; fóra, sepáranse violentamente, por moi grande que sexa $N$.
  2. $\sum(-1)^nx^{2n}=\frac1{1+x^2}$ ten radio 1 aínda que a función é perfectamente suave en todo $\mathbb R$. O motivo está nos números complexos: $1+x^2=0$ en $x=\pm i$, a distancia 1 da orixe.
  3. Extremos: $\sum x^n$ diverxe en $\pm1$; $\sum\frac{x^n}{n}$ converxe en $-1$ (serie harmónica alternada) pero non en $1$; $\sum\frac{x^n}{n^2}$ converxe en ambos.
  4. $\sum\frac{x^n}{n!}=e^x$ ten radio infinito; $\sum n!\,x^n$ ten radio 0.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 6, sección «Series de potencias».