Tema 7 · Límites e continuidade (unha variábel)← Todas as webs

O límite dunha función: ε e δ

$\displaystyle\lim_{x\to a}f(x)=L$ significa: para todo $\varepsilon>0$ existe $\delta>0$ tal que se $0\lt|x-a|\lt\delta$ entón $|f(x)-L|\lt\varepsilon$.

Graficamente: a banda horizontal $L\pm\varepsilon$ é a «tolerancia» que pedimos; temos que atopar unha banda vertical $a\pm\delta$ na que toda a gráfica (agás, quizais, o propio punto $a$) queda dentro da caixa.

roda para ampliar

Que observar

  1. O valor $f(a)$ non intervén: en $\frac{x^2-1}{x-1}$ a función nin sequera está definida en $a=1$ e o límite existe.
  2. Canto menor é $\varepsilon$, menor ten que ser $\delta$. Se a función é moi empinada preto de $a$, $\delta$ ten que ser moi pequeno.
  3. Se propós un $L$ incorrecto, para $\varepsilon$ pequeno ningún $\delta$ funciona (aparecen puntos vermellos por pequeno que fagas $\delta$).
  4. Para a función signo en $a=0$ non hai límite: con $\varepsilon\lt1$, ningún $L$ funciona, porque á esquerda vale $-1$ e á dereita $1$.
  5. $x\sen\frac1x$ oscila infinitas veces preto de 0, pero as oscilacións están limitadas por $\pm|x|$: o límite é 0.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 7, sección «Límite dunha función».