Tema 7 · Límites e continuidade (unha variábel)← Todas as webs

Teorema de Bolzano e método da bisección

Teorema de Bolzano. Se $f$ é continua en $[a,b]$ e $f(a)\,f(b)\lt0$, existe $c\in(a,b)$ con $f(c)=0$.

A demostración (e un método numérico) consiste en partir o intervalo pola metade e quedar coa metade onde segue habendo cambio de signo. Tras $k$ pasos a raíz está nun intervalo de lonxitude $\frac{b-a}{2^k}$.

arrastra os extremos a e b

Que observar

  1. Os intervalos están encaixados: cada un contén o seguinte. Os extremos esquerdos forman unha sucesión crecente e os dereitos unha decrecente, e as dúas converxen á mesma raíz.
  2. Cada paso gaña un bit de precisión: unhas 3,3 iteracións por cifra decimal.
  3. Con $\tan x$ en $[1,2]$ hai cambio de signo pero non hai raíz: a función non é continua (asíntota en $\frac\pi2$). A bisección converxe á descontinuidade. A hipótese de continuidade é imprescindíbel.
  4. Se hai varias raíces en $[a,b]$, a bisección atopa unha delas.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 7, sección «Funcións reais dunha variábel real continuas».