Tema 8 · Cálculo diferencial (unha variábel)← Todas as webs

Teoremas de Rolle e do valor medio

Valor medio (Lagrange). Se $f$ é continua en $[a,b]$ e derivábel en $(a,b)$, existe $c\in(a,b)$ con $\displaystyle f'(c)=\frac{f(b)-f(a)}{b-a}$.
Rolle é o caso $f(a)=f(b)$: entón existe $c$ con $f'(c)=0$.

Xeometricamente: hai algún punto onde a tanxente é paralela á corda que une $(a,f(a))$ e $(b,f(b))$. Fisicamente: se percorres 100 km nunha hora, nalgún instante o velocímetro marcou exactamente 100 km/h.

arrastra os extremos a e b

Que observar

  1. Pode haber varios puntos $c$ que cumpran o teorema; o teorema só asegura que hai polo menos un.
  2. Coloca $a$ e $b$ á mesma altura (botón «Rolle»): as tanxentes atopadas son horizontais.
  3. Con $|x|$ e un intervalo que conteña o 0, pode non haber ningún $c$: falla a hipótese de derivabilidade.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 8, sección «Teoremas do cálculo diferencial».