Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Sumas de Riemann, superiores e inferiores

Dada unha partición $a=x_0\lt x_1\lt\cdots\lt x_n=b$, a suma inferior e a superior son

$\displaystyle L(f,P)=\sum_{i=1}^n m_i\,\Delta x_i,\qquad U(f,P)=\sum_{i=1}^n M_i\,\Delta x_i,$ con $m_i=\inf_{[x_{i-1},x_i]}f$ e $M_i=\sup_{[x_{i-1},x_i]}f$.

$f$ é integrábel se $\sup_P L(f,P)=\inf_P U(f,P)$; ese valor común é $\int_a^b f$. Calquera suma de Riemann $\sum f(\xi_i)\Delta x_i$ queda entre $L$ e $U$.

roda para ampliar

Que observar

  1. Ao aumentar $n$, $U$ baixa e $L$ sube: refinar a partición nunca empeora as estimacións. A diferenza $U-L$ (zona vermella) tende a 0.
  2. Para unha función con saltos (escalonada) a diferenza tamén tende a 0: só os poucos subintervalos que conteñen un salto contribúen, e a súa anchura vai a 0.
  3. A función de Dirichlet (1 nos racionais, 0 nos irracionais) ten $U=1$ e $L=0$ para toda partición, porque todo intervalo contén racionais e irracionais: non é integrábel Riemann.
  4. Coa partición aleatoria os rectángulos teñen anchuras distintas, pero o que importa é que a anchura máxima tenda a 0.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, sección «Introdución».