Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Centroides e teoremas de Pappus

O centroide $(\bar x,\bar y)$ da rexión baixo $y=f(x)\ge0$ en $[a,b]$, de área $A=\int_a^bf$, é

$\displaystyle\bar x=\frac1A\int_a^b x\,f(x)\,dx,\qquad \bar y=\frac1{A}\int_a^b\frac{f(x)^2}{2}\,dx.$

Teorema de Pappus. O volume do sólido obtido ao xirar a rexión arredor dunha recta que non a atravesa é a área multiplicada pola distancia que percorre o centroide: $V=2\pi\, d\, A$, sendo $d$ a distancia do centroide ao eixe.

arrastra a e b

Que observar

  1. O centroide é o punto de equilibrio: se recortas a rexión en cartón, sostense nese punto.
  2. Xirando arredor de $OX$, Pappus dá $2\pi\bar yA=\pi\int f^2$, a fórmula dos discos. Xirando arredor de $OY$ dá $2\pi\bar xA=2\pi\int xf(x)\,dx$, a fórmula das capas cilíndricas.
  3. Un toro (rosquilla) obtense xirando un círculo de radio $r$ cuxo centro está a distancia $R$ do eixe: $V=2\pi R\cdot\pi r^2$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, seccións «Cálculo de centroides» e «Teoremas de Pappus».