Para probar que $f$ é integrábel abonda ver que, para cada $\varepsilon>0$, hai unha partición con $U(f,P)-L(f,P)\lt\varepsilon$. A diferenza é unha suma de rectángulos de altura $\omega_i=M_i-m_i$ (a oscilación de $f$ no subintervalo):
Monótona. Se $f$ é crecente e a partición é uniforme, $\omega_i=f(x_i)-f(x_{i-1})$. Os rectángulos vermellos, desprazados á dereita, apílanse nunha soa columna de anchura $\frac{b-a}{n}$ e altura $f(b)-f(a)$: a suma telescópica dá $U-L=\frac{(b-a)(f(b)-f(a))}{n}\to0$.
Continua. En $[a,b]$ $f$ é uniformemente continua: para cada $\varepsilon$ hai un $\delta$ tal que, se os subintervalos miden menos de $\delta$, todas as oscilacións son menores que $\varepsilon$. Entón $U-L\lt\varepsilon\,(b-a)$.
Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, sección «Propiedades das funcións integrábeis».