Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Teorema fundamental do cálculo

Dada $f$ integrábel en $[a,b]$, definimos a función área $F(x)=\int_a^x f(t)\,dt$.

Teorema fundamental. $F$ é continua en $[a,b]$. Se ademais $f$ é continua en $x_0$, entón $F$ é derivábel en $x_0$ e $F'(x_0)=f(x_0)$.

Idea da demostración. $F(x_0+h)-F(x_0)=\int_{x_0}^{x_0+h}f$ é a área dunha franxa estreita. Se $f$ é continua en $x_0$, nesa franxa $f$ case vale $f(x_0)$, así que a área é case un rectángulo: $\dfrac{F(x_0+h)-F(x_0)}{h}\approx f(x_0)$. Reduce $h$ e compróbao.

arrastra o punto x

Que observar

  1. Onde $f>0$, $F$ crece; onde $f\lt0$ (área con signo negativo), $F$ decrece. Os ceros de $f$ son os máximos e mínimos de $F$.
  2. O cociente $\frac{F(x+h)-F(x)}{h}$ (altura media da franxa) achégase a $f(x)$ cando $h\to0$.
  3. Integrando con salto (escalonada, signo): $F$ segue sendo continua, pero ten un «bico» no salto. Alí as derivadas laterais de $F$ son os límites laterais de $f$, que son distintos: $F$ non é derivábel.
  4. Descontinuidade evitábel: cambiar o valor de $f$ nun só punto non cambia ningunha área. $F$ é derivábel nese punto, pero $F'(x_0)=\lim f\neq f(x_0)$.
  5. Con $f(x)=\operatorname{sgn}(x)$ obtense $F(x)=|x|+C$: a función área do signo é o valor absoluto.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, sección «Teorema fundamental do cálculo integral».