Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Teorema do valor medio integral

Se $f$ é continua en $[a,b]$, existe $c\in[a,b]$ tal que $\displaystyle\int_a^b f(x)\,dx=f(c)\,(b-a)$.

O número $\bar f=\frac1{b-a}\int_a^bf$ é o valor medio de $f$ en $[a,b]$. Imaxina que a rexión baixo a curva é auga: ao nivelarse queda á altura $\bar f$. O teorema di que a función toma ese valor nalgún punto.

arrastra os extremos a e b

Que observar

  1. A parte da rexión por riba da liña $y=\bar f$ (vermello) ten a mesma área que o oco por debaixo (verde): por iso o rectángulo e a rexión teñen a mesma área.
  2. Como $\min f\le\bar f\le\max f$, o teorema dos valores intermedios garante que existe $c$.
  3. Coa función con salto pode non existir ningún $c$: o valor medio cae entre os dous chanzos.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, sección «Teorema do valor medio do cálculo integral».