Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Primitivas e regra de Barrow

Unha primitiva de $f$ é unha función $F$ con $F'=f$. Se $F$ é unha primitiva, todas as demais son $F+C$: graficamente, son translacións verticais. Todas teñen, en cada $x$, a mesma pendente $f(x)$ (os segmentinos do campo de pendentes).

Regra de Barrow. Se $f$ é continua en $[a,b]$ e $F$ é unha primitiva, $\displaystyle\int_a^bf(x)\,dx=F(b)-F(a)$.
primitivas $F+C$ e campo de pendentes
arrastra a e b
área $\int_a^b f$

Que observar

  1. Cada curva da familia é tanxente aos segmentinos do campo en todos os seus puntos.
  2. O salto vertical $F(b)-F(a)$ (segmento violeta) é o mesmo para todas as primitivas: a constante $C$ cancélase. Coincide coa área con signo da dereita.
  3. Escoller a primitiva que pasa por un punto dado $(x_0,y_0)$ é un problema de valor inicial: move $C$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, sección «Regra de Barrow».