Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Cambio de variábel e integrais irracionais

Se $x=g(t)$ con $g$ derivábel e monótona, $dx=g'(t)\,dt$ e

$\displaystyle\int_{g(\alpha)}^{g(\beta)}f(x)\,dx=\int_\alpha^\beta f\big(g(t)\big)\,g'(t)\,dt.$

As dúas áreas son iguais, aínda que as rexións teñen formas distintas. As integrais con raíces cadradas de polinomios de grao 2 simplifícanse con cambios que eliminan a raíz:

arrastra o extremo superior

Que observar

  1. Os dous números das áreas coinciden sempre: iso é o teorema do cambio de variábel.
  2. Con $x=\sen t$, a integral $\int\sqrt{1-x^2}\,dx$ convértese en $\int\cos^2t\,dt=\frac{t}{2}+\frac{\sen 2t}{4}$. De $x=0$ a $x=1$ dá $\frac\pi4$, a cuarta parte da área do círculo unidade.
  3. Os puntos marcados mostran como se corresponde unha partición uniforme en $t$ cunha partición non uniforme en $x$: o factor $g'(t)$ compensa o estiramento.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, seccións «Primitiva dunha función» e «Cálculo de primitivas de certos tipos de funcións».