Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Volumes de sólidos de revolución

Ao facer xirar a gráfica de $f\ge0$ en $[a,b]$ arredor do eixe $OX$, cada corte perpendicular ao eixe é un círculo de radio $f(x)$ e área $\pi f(x)^2$. Sumando discos de grosor $\Delta x$ (aquí, co radio tomado no extremo esquerdo de cada subintervalo):

$\displaystyle V\approx\sum_{i=1}^n\pi f(\xi_i)^2\,\Delta x\ \xrightarrow[n\to\infty]{}\ V=\pi\int_a^b f(x)^2\,dx.$
sólido (arrastra para rotar)
perfil $y=f(x)$

Que observar

  1. Ao aumentar $n$, a pila de discos parécese cada vez máis ao sólido e a suma achégase ao volume exacto.
  2. A esfera de radio $r$ obtense con $f(x)=\sqrt{r^2-x^2}$: $\pi\int_{-r}^r(r^2-x^2)\,dx=\frac43\pi r^3$.
  3. Con $\frac1x$ en $[1,b]$ o volume é $\pi\left(1-\frac1b\right)\to\pi$ cando $b\to\infty$ (trompeta de Gabriel).

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, sección «Aplicacións da integral definida».