Tema 9 · Cálculo integral (unha variábel)← Todas as webs

Lonxitude dunha curva

A lonxitude dunha curva defínese como o límite das lonxitudes das poligonais inscritas. Cada segmento mide $\sqrt{\Delta x^2+\Delta y^2}=\sqrt{1+\left(\frac{\Delta y}{\Delta x}\right)^2}\,\Delta x$ e, polo teorema do valor medio, $\frac{\Delta y}{\Delta x}=f'(\xi_i)$. Por iso

$\displaystyle L=\int_a^b\sqrt{1+f'(x)^2}\,dx,\qquad L=\int_{t_0}^{t_1}\sqrt{x'(t)^2+y'(t)^2}\,dt$ para curvas paramétricas.

Que observar

  1. As poligonais sempre son máis curtas ou iguais que a curva (a recta é o camiño máis curto) e, ao refinar, a súa lonxitude crece ata $L$.
  2. Para a circunferencia (paramétrica), as poligonais son polígonos regulares inscritos: é o método de Arquímedes para aproximar $\pi$.
  3. A cicloide (curva que describe un punto dunha roda de radio 1) mide exactamente 8 en cada arco, un resultado de Christopher Wren (1658).

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 9, sección «Aplicacións da integral definida».