Un campo escalar $f:\mathbb R^2\to\mathbb R$ represéntase de dúas maneiras complementarias: a gráfica $z=f(x,y)$, unha superficie en $\mathbb R^3$, e as curvas de nivel $\{(x,y):f(x,y)=c\}$, como nun mapa topográfico. Cada curva de nivel é a proxección dun corte horizontal da superficie á altura $z=c$.
Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 10, sección «Campos escalares e vectoriais».