Tema 10 · Límites e continuidade (varias variábeis)← Todas as webs

Límites dobres en coordenadas polares

Facendo $x=r\cos\theta$, $y=r\sen\theta$, achegarse a $(0,0)$ é facer $r\to0^+$ para todos os ángulos á vez. O criterio é:

Se existe $g(r)\to0$ con $|f(r\cos\theta,r\sen\theta)-L|\le g(r)$ para todo $\theta$, entón $\lim_{(x,y)\to(0,0)}f(x,y)=L$.

Á esquerda, cada curva mostra $|f-L|$ en función de $\theta$ para un radio $r$ fixo. Á dereita, o máximo sobre $\theta$, $M(r)=\max_\theta|f-L|$, en función de $r$: o límite existe se e só se $M(r)\to0$.

$|f(r\cos\theta,r\sen\theta)-L|$ en función de $\theta$
$M(r)=\max_\theta|f-L|$

Que observar

  1. $\frac{x^2y}{x^2+y^2}=r\cos^2\theta\sen\theta$: as curvas encóllense uniformemente ao reducir $r$, e $M(r)\le r\to0$.
  2. $\frac{xy}{x^2+y^2}=\cos\theta\sen\theta$ non depende de $r$: as curvas non baixan e $M(r)=\frac12$ sempre.
  3. $\frac{x^2y}{x^4+y^2}$: para cada ángulo fixo o valor tende a 0, pero o máximo sobre $\theta$ segue sendo $\frac12$ (o pico estréitase e achégase a $\theta=0$). É a converxencia non uniforme no ángulo que permite os camiños parabólicos.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 10, sección «Límite dunha función nun punto».