Tema 10 · Límites e continuidade (varias variábeis)← Todas as webs

Campos vectoriais e liñas de fluxo

Un campo vectorial $\mathbf F:\mathbb R^2\to\mathbb R^2$ asigna a cada punto un vector: a velocidade dun fluído, unha forza, o gradiente dunha temperatura... Representámolo con frechas. Unha liña de fluxo é unha curva tanxente ao campo en cada punto: a traxectoria dunha partícula arrastrada polo fluído.

clic para soltar unha partícula

Que observar

  1. O campo de rotación $(-y,x)$ ten liñas de fluxo circulares: é perpendicular ao vector de posición.
  2. O campo $(x,y)$ é o gradiente de $\frac12(x^2+y^2)$: as frechas son perpendiculares ás curvas de nivel (circunferencias) e apuntan cara a onde a función crece.
  3. O péndulo $(y,-\sen x)$: preto da orixe as traxectorias son pechadas (oscilacións); con máis enerxía, o péndulo dá voltas completas.
  4. Os campos gradiente nunca teñen traxectorias pechadas: ao seguir o gradiente a función sempre crece.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 10, sección «Campos escalares e vectoriais».