Tema 11 · Cálculo diferencial (varias variábeis)← Todas as webs

O gradiente e as curvas de nivel

Se $f$ é diferenciábel, a derivada direccional segundo un vector unitario $\mathbf u$ é $D_{\mathbf u}f=\nabla f\cdot\mathbf u=\|\nabla f\|\cos\varphi$, sendo $\varphi$ o ángulo entre $\mathbf u$ e $\nabla f$. En consecuencia:

$\nabla f$ apunta na dirección de máximo crecemento, con taxa $\|\nabla f\|$; en dirección oposta $f$ decrece o máis rápido posíbel; e nas direccións perpendiculares a $\nabla f$ (as tanxentes á curva de nivel) $D_{\mathbf u}f=0$.
arrastra o punto

Que observar

  1. O gradiente (verde) é sempre perpendicular á curva de nivel que pasa polo punto.
  2. Xira o vector $\mathbf u$ (laranxa): $D_{\mathbf u}f$ é máxima cando $\mathbf u$ apunta como o gradiente e cero cando é tanxente á curva de nivel.
  3. Onde as curvas de nivel están xuntas, $\|\nabla f\|$ é grande.
  4. Nos puntos críticos (máximos, mínimos, selas) o gradiente anúlase.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 11, sección «Vector gradiente e matriz de Jacobi».