Tema 11 · Cálculo diferencial (varias variábeis)← Todas as webs

Plano tanxente e diferenciabilidade

$f$ é diferenciábel en $(a,b)$ se o plano $z=f(a,b)+f_x(a,b)(x-a)+f_y(a,b)(y-b)$ aproxima a superficie tan ben que o erro é desprezábel fronte á distancia:

$\displaystyle\lim_{(h,k)\to(0,0)}\frac{f(a+h,b+k)-f(a,b)-f_x h-f_y k}{\sqrt{h^2+k^2}}=0.$

Visualmente: ao ampliar arredor do punto (mantendo as proporcións), a superficie parece cada vez máis plana e coincide co plano. Calculamos tamén $E(\rho)=\max_{h^2+k^2=\rho^2}\frac{|\text{erro}|}{\rho}$.

superficie (cor) e plano tanxente (laranxa) · arrastra para rotar

Que observar

  1. Para funcións diferenciábeis, ao reducir o tamaño da xanela a superficie e o plano son indistinguíbeis e $E(\rho)\to0$.
  2. $\sqrt{|xy|}$ en $(0,0)$ ten derivadas parciais nulas (é 0 nos eixes), así que o candidato a plano é $z=0$. Pero na diagonal $f(t,t)=|t|$: ao ampliar segue vendo as «dobras», e $E(\rho)=\frac{\sqrt2}{2}$ non tende a 0. Non é diferenciábel.
  3. $\sqrt{x^2+y^2}$ (cono) nin sequera ten derivadas parciais na orixe: non hai plano candidato.
  4. Por iso o teorema: parciais continuas $\Rightarrow$ diferenciábel; e diferenciábel $\Rightarrow$ continua e con todas as derivadas direccionais.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 11, sección «Diferenciabilidade».