Tema 11 · Cálculo diferencial (varias variábeis)← Todas as webs

Matriz hessiana e extremos relativos

Nun punto crítico ($\nabla f=\mathbf 0$), o polinomio de Taylor de orde 2 é $f(\mathbf p+\mathbf h)\approx f(\mathbf p)+\frac12\,\mathbf h^{T}H\,\mathbf h$, onde $H=\begin{pmatrix}f_{xx}&f_{xy}\\ f_{xy}&f_{yy}\end{pmatrix}$ é a matriz hessiana. A forma da superficie preto do punto depende dos signos dos autovalores $\lambda_1,\lambda_2$ de $H$:

$\det H>0$ e $f_{xx}>0$: mínimo; $\det H>0$ e $f_{xx}\lt0$: máximo; $\det H\lt0$: punto de sela; $\det H=0$: o criterio non decide.
superficie (arrastra para rotar)

Que observar

  1. Modo «forma cuadrática»: as curvas de nivel son elipses se $\det H>0$ e hipérboles se $\det H\lt0$. Os eixes das elipses ou hipérboles son os autovectores de $H$.
  2. Con $\det H=0$ (por exemplo $f_{xx}=1$, $f_{xy}=1$, $f_{yy}=1$) aparece un val: unha recta enteira de mínimos.
  3. Modo «función con varios puntos críticos»: $f=x^3-3x+y^3-3y$ ten catro puntos críticos $(\pm1,\pm1)$: un máximo, un mínimo e dúas selas. Fai clic preto dun deles.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 11, seccións «Derivadas de orde superior. Matriz de Hesse» e «Aplicacións do cálculo diferencial».