Tema 11 · Cálculo diferencial (varias variábeis)← Todas as webs

Multiplicadores de Lagrange

Buscamos os extremos de $f(x,y)$ sobre a curva $g(x,y)=0$. Se nun punto a curva de restrición corta transversalmente unha curva de nivel de $f$, movéndonos pola restrición podemos subir ou baixar: non é extremo. Nos extremos, a restrición é tanxente á curva de nivel, e entón os gradientes son paralelos:

$\nabla f(x,y)=\lambda\,\nabla g(x,y),\qquad g(x,y)=0.$
arrastra o punto pola restrición
valor de $f$ ao percorrer a restrición

Que observar

  1. Move o punto pola curva vermella: nos máximos e mínimos da gráfica da dereita, os dous gradientes (verde e violeta) quedan aliñados e a curva de nivel negra é tanxente á restrición.
  2. O signo de $\lambda$ indica se os gradientes apuntan no mesmo sentido ou en sentidos opostos.
  3. Para $f=x+y$ na circunferencia unidade, os extremos están en $\pm\left(\frac{\sqrt2}{2},\frac{\sqrt2}{2}\right)$, con valores $\pm\sqrt2$.

Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 11, sección «Aplicacións do cálculo diferencial».