Unha transformación $T(u,v)=(x(u,v),y(u,v))$ deforma o plano. Preto dun punto, $T$ compórtase como a súa diferencial, a matriz xacobiana $J=\begin{pmatrix}x_u&x_v\\ y_u&y_v\end{pmatrix}$: un cadradiño pequeno transfórmase case nun paralelogramo, e $|\det J|$ é o factor polo que se multiplican as áreas.
Material complementario do libro Cálculo I. No libro: Tema 11, sección «Teorema da función inversa».