Tema 1 · Integración múltiple← Todas as webs

Sumas de Riemann dobres

Dividimos o rectángulo $R=[a,b]\times[c,d]$ en $n\times m$ subrectángulos $R_{ij}$ de área $\Delta A$ e escollemos un punto $\xi_{ij}$ en cada un. A suma de Riemann

$\displaystyle S_{n,m}=\sum_{i=1}^{n}\sum_{j=1}^{m} f(\xi_{ij})\,\Delta A$ é o volume dos prismas, e $\displaystyle\iint_R f\,dA=\lim S_{n,m}$ cando o diámetro da partición tende a 0.
arrastra para rotar · roda para ampliar

Que observar

  1. Ao aumentar $n$ os prismas axústanse á superficie e a suma achégase ao volume exacto.
  2. Co punto medio o erro é moito menor que coa esquina: os excesos e os defectos compénsanse en cada prisma.
  3. Se $f$ toma valores negativos, os prismas que quedan baixo o plano $z=0$ restan volume: a integral é un volume con signo.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 1, sección «Integración sobre rectángulos compactos».