Tema 1 · Integración múltiple← Todas as webs

Rexións de tipo I e II: cambiar a orde de integración

Unha rexión é de tipo I se $D=\{a\le x\le b,\ g_1(x)\le y\le g_2(x)\}$ e de tipo II se $D=\{c\le y\le d,\ h_1(y)\le x\le h_2(y)\}$. Para cambiar a orde de integración hai que redescribir a rexión: os límites non se intercambian sen máis.

Se a curva que limita superiormente (ou pola dereita) cambia de expresión, hai que partir a rexión en varias e sumar integrais.

Que observar

  1. Nos exemplos 2 e 3, unha das ordes necesita dúas integrais porque a fronteira cambia: as liñas de corte (laranxa) marcan onde.
  2. Comproba que as dúas ordes dan o mesmo valor (área de $D$).
  3. Escoller ben a orde pode evitar partir a rexión; e ás veces fai posíbel unha integral que nunha orde non ten primitiva elemental (por exemplo $\int_0^1\int_x^1 e^{y^2}dy\,dx$).

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 1, sección «Integrais dobres».