Tema 1 · Integración múltiple← Todas as webs

Centro de masas e momentos de inercia

Para unha lámina $D$ con densidade superficial $\delta(x,y)$:

$\displaystyle M=\iint_D\delta\,dA,\quad \bar x=\frac1M\iint_D x\,\delta\,dA,\quad \bar y=\frac1M\iint_D y\,\delta\,dA,\quad I_L=\iint_D d(x,y)^2\,\delta\,dA,$ onde $d$ é a distancia ao eixe $L$.

O momento de inercia mide a resistencia a xirar: canto máis lonxe do eixe está a masa, maior é.

Que observar

  1. Se a densidade aumenta cara a un lado, o centro de masas desprázase cara a ese lado, aínda que a forma sexa simétrica.
  2. Para eixes paralelos, o momento de inercia é mínimo no que pasa polo centro de masas: teorema de Steiner, $I_L=I_{\bar L}+M\,d^2$.
  3. Nun panel rectangular, xirar arredor do eixe longo custa menos que arredor do curto: a masa está máis preto del.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 1, sección «Aplicacións á enxeñaría aeroespacial».