Tema 3 · Integración sobre curvas← Todas as webs

Integral de traxectoria: a área dun valado

Para un campo escalar $f\ge0$ e unha curva $C$ parametrizada por $\mathbf c(t)$, a integral de traxectoria

$\displaystyle\int_C f\,ds=\int_a^b f(\mathbf c(t))\,\|\mathbf c'(t)\|\,dt$

é a área dunha cortina vertical levantada sobre a curva, con altura $f$ en cada punto. Se $f=1$, dá a lonxitude; se $f$ é unha densidade lineal, a masa dun arame.

arrastra para rotar

Que observar

  1. O resultado non depende da parametrización nin do sentido de percorrido: $ds$ é sempre positivo.
  2. O factor $\|\mathbf c'(t)\|$ converte o incremento do parámetro en incremento de lonxitude.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 3, sección «Integral de traxectoria».