Tema 4 · Integración sobre superficies← Todas as webs

Orientación de superficies e banda de Möbius

Unha superficie é orientábel se se pode escoller nela un campo de vectores normais unitarios $\mathbf n$ que varíe con continuidade. Orientar é escoller unha das dúas caras e pintala.

A banda de Möbius non é orientábel: se transportamos a normal ao longo da curva central, ao completar unha volta vén invertida. Ten unha soa cara e un só bordo.

Variamos o número de medias voltas da banda: 0 (anel), 1 (Möbius), 2, 3...

Que observar

  1. Move a formiga (ou anímaa). Cun número par de medias voltas a normal volve igual: a banda é orientábel. Cun número impar, volve apuntando cara ao outro lado.
  2. Pinta a cara «de arriba» seguindo a formiga. No anel, tras unha volta a pintura péchase sobre si mesma e a outra cara queda sen pintar. Na banda de Möbius hai que dar dúas voltas e, ao final, a banda queda pintada por completo: só hai unha cara.
  3. Por iso non se pode calcular o fluxo a través dunha banda de Möbius. A súa área, en cambio, si está definida: as integrais de campos escalares non precisan orientación.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 4, sección «Integración de campos vectoriais sobre superficies» (superficies orientábeis).