Tema 4 · Integración sobre superficies← Todas as webs

Orientación, parametrización e signo do fluxo

Se $\Phi_2=\Phi_1\circ h$ con $h(s,t)=(u,v)$, entón $\mathbf T_s\times\mathbf T_t=J(h)\,(\mathbf T_u\times\mathbf T_v)$. Por iso:

$\displaystyle\iint_{\Phi_2}\mathbf F\cdot d\mathbf S=\pm\iint_{\Phi_1}\mathbf F\cdot d\mathbf S$ (signo $+$ se $J(h)>0$, $-$ se $J(h)\lt0$), mentres que $\displaystyle\iint_{\Phi_2}f\,dS=\iint_{\Phi_1}f\,dS$ sempre.

Nunha superficie pechada, o convenio é tomar a normal exterior.

Que observar

  1. Intercambiar o papel de $u$ e $v$ é un cambio de parámetros con $J(h)=-1$: a normal $\mathbf T\times\mathbf T$ apunta cara a dentro e o fluxo cambia de signo.
  2. O cambio $u\mapsto 2u$ ten $J(h)=2>0$: a normal crece, pero o fluxo non cambia porque o dominio se reduce á metade.
  3. A área e a integral dun campo escalar coinciden sempre: levan $\|\mathbf T\times\mathbf T\|$, sen signo.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 4, sección «Integración de campos vectoriais sobre superficies» (cambio de parametrización).