Tema 5 · Teoremas clásicos da Análise Vectorial← Todas as webs

Green para calcular áreas: o planímetro

Escollendo campos con $Q_x-P_y=1$, o teorema de Green dá a área dunha rexión a partir dunha integral sobre o seu bordo:

$\displaystyle A(D)=\oint_{\partial D}x\,dy=-\oint_{\partial D}y\,dx=\frac12\oint_{\partial D}(x\,dy-y\,dx).$

É o principio do planímetro, un instrumento que mide áreas de mapas percorrendo o contorno cun punteiro.

debuxa unha curva pechada arrastrando o rato

Que observar

  1. As tres fórmulas dan o mesmo valor. Se debuxas en sentido horario sae a área co signo cambiado: a orientación importa.
  2. Se a curva se cruza a si mesma (un «oito»), as dúas follas contan con signos opostos.
  3. Coa elipse $x=a\cos t$, $y=b\sen t$: $\frac12\int_0^{2\pi}(ab\cos^2t+ab\sen^2t)\,dt=\pi ab$.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 5, sección «Teorema de Green».