Tema 5 · Teoremas clásicos da Análise Vectorial← Todas as webs
Teorema de Stokes: superficies co mesmo bordo
Teorema de Stokes. Se $S$ é unha superficie orientada co bordo $\partial S$ orientado segundo a regra da man dereita, $\displaystyle\iint_S(\operatorname{rot}\mathbf F)\cdot d\mathbf S=\oint_{\partial S}\mathbf F\cdot d\mathbf r.$
Consecuencia sorprendente: o fluxo do rotacional só depende do bordo. Aquí todas as superficies teñen como bordo a circunferencia unidade do plano $z=0$.
Que observar
Cambia a superficie (disco, hemisferio, paraboloide, cono) ou a súa altura: o fluxo do rotacional non varía.
Se invertes a normal, o fluxo cambia de signo e a regra da man dereita obriga a percorrer o bordo en sentido contrario: a igualdade mantense.
Coa altura negativa a superficie abómbase cara abaixo e segue valendo.
Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 5, sección «Teorema de Stokes».