Tema 5 · Teoremas clásicos da Análise Vectorial← Todas as webs

Balance de masa nunha tobeira

Nun escoamento estacionario dun fluído incompresíbel, $\operatorname{div}\mathbf v=0$. Aplicando o teorema de Gauss a un volume de control entre dúas seccións da tobeira (as paredes non deixan pasar fluído):

$\displaystyle 0=\iiint_\Omega\operatorname{div}\mathbf v\,dV=\oint\!\!\oint_{\partial\Omega}\mathbf v\cdot d\mathbf S=-v_1A_1+v_2A_2\quad\Longrightarrow\quad v_1A_1=v_2A_2.$

(Para gases, coa densidade: $\rho_1v_1A_1=\rho_2v_2A_2$.)

arrastra as seccións 1 e 2

Que observar

  1. Na garganta (sección mínima) a velocidade é máxima.
  2. Por moito que movas as seccións, o caudal $vA$ que entra polo volume de control é o mesmo que sae.
  3. As partículas próximas ao eixe aceleran ao entrar no estreitamento e frean ao saír.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 5, sección «Aplicacións á enxeñaría aeroespacial».