Tema 6 · Ecuacións diferenciais de primeira orde← Todas as webs

Ecuacións exactas e factor integrante

A ecuación $M(x,y)\,dx+N(x,y)\,dy=0$ é exacta se $(M,N)=\nabla F$ para algunha función $F$, o que (nun dominio simplemente conexo) equivale a $M_y=N_x$. Entón as solucións son as curvas de nivel $F(x,y)=C$: é o mesmo criterio que para campos conservativos do tema 3.

arrastra o punto

Que observar

  1. O campo $(M,N)$ (frechas) é perpendicular ás curvas solución: é o gradiente de $F$.
  2. No exemplo non exacto, $M_y\ne N_x$ e non hai potencial. Ao multiplicar por $\mu=1/x^2$ a ecuación faise exacta con $F=y/x$: as solucións son rectas pola orixe (para $x\ne0$).
  3. Multiplicar por $\mu$ non cambia as curvas solución, pero si o campo $(M,N)$.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 6, seccións «Ecuacións exactas» e «Factor integrante».