Tema 6 · Ecuacións diferenciais de primeira orde← Todas as webs

Métodos numéricos: Euler, Heun e Runge–Kutta

Cando non sabemos resolver $y'=f(x,y)$, $y(x_0)=y_0$, avanzamos con pasos de lonxitude $h$:

Euler: $y_{n+1}=y_n+h\,f(x_n,y_n)$ (orde 1).   Heun: media das pendentes no inicio e no final estimado (orde 2).   RK4: media ponderada de catro pendentes (orde 4).

Un método de orde $p$ ten erro global proporcional a $h^p$.

Que observar

  1. Euler segue a tanxente en cada paso e vaise separando da solución; RK4 é practicamente exacto incluso con pasos grandes.
  2. Os cocientes de erro ao dividir $h$ por 2 achéganse a $2$, $4$ e $16$: así se mide experimentalmente a orde dun método.
  3. En $y'=-15y$ con $h>2/15$ Euler oscila e explota aínda que a solución decae: inestabilidade numérica.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 6 e Práctica 4 (resolución numérica de EDO).