Tema 7 · Ecuacións diferenciais de segunda orde← Todas as webs

Masa, resorte e amortecedor

A ecuación $m\,x''+c\,x'+k\,x=0$ ten ecuación característica $m r^2+c r+k=0$, con raíces

$\displaystyle r_{1,2}=\frac{-c\pm\sqrt{c^2-4mk}}{2m}.\qquad c^2<4mk:\ \text{subamortecido};\quad c^2=4mk:\ \text{crítico};\quad c^2>4mk:\ \text{sobreamortecido}.$
mecanismo
raíces características no plano complexo

Que observar

  1. Sen amortecemento ($c=0$) as raíces son $\pm i\omega_0$, con $\omega_0=\sqrt{k/m}$: oscilación harmónica de amplitude constante.
  2. Ao aumentar $c$ as raíces percorren unha circunferencia de raio $\omega_0$, chocan no eixe real no amortecemento crítico e despois sepáranse sobre el.
  3. O amortecemento crítico volve ao repouso sen oscilar e máis rápido que calquera sobreamortecido: é o que se busca nunha suspensión.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 7, sección «Mecanismo masa–resorte–amortecedor».