Tema 7 · Ecuacións diferenciais de segunda orde← Todas as webs

Circuíto RLC: a mesma ecuación que o resorte

Pola lei de Kirchhoff das tensións, a carga $q(t)$ do condensador nun circuíto RLC en serie cumpre

$\displaystyle L\,q''+R\,q'+\frac1C\,q=E(t),\qquad I=q'.$

É a ecuación do resorte coa analoxía $L\leftrightarrow m$, $R\leftrightarrow c$, $1/C\leftrightarrow k$, $E\leftrightarrow f$: os mesmos tres réximes (sub, crítico e sobreamortecido) e a mesma resonancia, agora en $\omega_0=1/\sqrt{LC}$.

Que observar

  1. Coa fonte continua, a carga tende a $CE_0$ (condensador cargado) e a intensidade a $0$; con $R$ pequena faino oscilando.
  2. Coa fonte alterna, a amplitude da intensidade estacionaria é máxima cando $\omega=1/\sqrt{LC}$: así se sintoniza unha radio.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 7, subsección «Circuítos RLC».