Tema 7 · Ecuacións diferenciais de segunda orde← Todas as webs

Función de transferencia: polos, resposta e diagrama de Bode

Para $m\,x''+c\,x'+k\,x=f(t)$ con datos nulos, $X(s)=G(s)F(s)$ con

$\displaystyle G(s)=\frac{1}{ms^2+cs+k}.$   Os polos de $G$ son as raíces características. A resposta a unha entrada $\operatorname{sen}\omega t$ é, en réxime estacionario, $|G(i\omega)|\operatorname{sen}(\omega t+\arg G(i\omega))$.

O diagrama de Bode representa a ganancia $20\log_{10}|G(i\omega)|$ (dB) e a fase $\arg G(i\omega)$ fronte a $\log_{10}\omega$.

ganancia $20\log_{10}|G(i\omega)|$ (dB) · liña vertical: $\omega_0$
fase $\arg G(i\omega)$ (graos)
polos de $G(s)$ (arrastra o polo superior)
resposta ao escalón unitario $f(t)=1$

Que observar

  1. Se os polos están no semiplano esquerdo o sistema é estábel: a resposta ao escalón tende a $G(0)=1/k$.
  2. Canto máis preto do eixe imaxinario están os polos (pouco amortecemento), máis alto é o pico de ganancia en $\omega\approx\omega_0$ e máis brusco o salto de fase de $0^\circ$ a $-180^\circ$.
  3. Para frecuencias altas a ganancia cae $40$ dB por década: o sistema filtra as vibracións rápidas.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 7, subsección «Aplicación: función de transferencia».