Tema 9 · Sistemas de ecuacións diferenciais← Todas as webs

Clasificación pola traza e o determinante

Os autovalores de $A$ son as raíces de $\lambda^2-\tau\lambda+\Delta=0$, con $\tau=\operatorname{tr}A$ e $\Delta=\det A$. Por iso o tipo de equilibrio da orixe depende só do punto $(\tau,\Delta)$:

$\Delta<0$: sela.   $\Delta>0$ e $\tau^2>4\Delta$: nodo.   $\Delta>0$ e $\tau^2<4\Delta$: foco (centro se $\tau=0$).   Estábel se $\tau<0$ e $\Delta>0$.
plano traza–determinante (arrastra o punto)

Que observar

  1. Ao cruzar a parábola $\tau^2=4\Delta$ un nodo convértese en foco: os autovalores pasan de reais a complexos.
  2. Ao cruzar o eixe $\tau=0$ por riba (con $\Delta>0$), un foco estábel pasa a inestábel atravesando un centro: é o mecanismo dunha bifurcación de Hopf no caso non lineal.
  3. Só o segundo cuadrante aberto ($\tau<0$, $\Delta>0$) dá estabilidade asintótica.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 9, subsección «Clasificación en dimensión 2: traza e determinante».