Tema 9 · Sistemas de ecuacións diferenciais← Todas as webs

A exponencial matricial e o fluxo

$\displaystyle e^{tA}=\sum_{k=0}^{\infty}\frac{t^k A^k}{k!},\qquad \mathbf x(t)=e^{tA}\mathbf x_0.$

A matriz $e^{tA}$ é o fluxo do sistema: move ao mesmo tempo todas as condicións iniciais. Aquí aplícase a unha figura (un círculo cunha marca para ver a orientación) e compárase coa suma parcial da serie.

Que observar

  1. A área da figura multiplícase por $\det e^{tA}=e^{t\operatorname{tr}A}$: se a traza é $0$ (centro, sela simétrica) a área consérvase.
  2. Para $|t|$ grande fan falta moitos termos da serie para que a suma parcial se pareza a $e^{tA}$.
  3. No bloque de Jordan aparece o termo $t\,e^{\lambda t}$, característico dos autovalores dobres non diagonalizábeis.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 9, sección «A exponencial matricial».