Tema 9 · Sistemas de ecuacións diferenciais← Todas as webs

Linearización arredor dun equilibrio

Se $\mathbf x^*$ é un equilibrio de $\mathbf x'=\mathbf F(\mathbf x)$, escribindo $\mathbf x=\mathbf x^*+\mathbf u$ e desenvolvendo por Taylor,

$\mathbf u'\approx J\,\mathbf u,\qquad J=D\mathbf F(\mathbf x^*)$ (matriz xacobiana).   Se ningún autovalor de $J$ ten parte real nula, o retrato de fases local é o mesmo que o do sistema linear (teorema de Hartman–Grobman).
sistema non lineal (preme preto dun equilibrio)

Que observar

  1. Nas selas e nos nodos e focos a imaxe ampliada do non lineal coincide co linearizado.
  2. En Lotka–Volterra o linearizado en $(1,1)$ é un centro: a linearización non decide. Aquí as órbitas tamén son pechadas, pero por outra razón (unha cantidade conservada).
  3. En Van der Pol a orixe é un foco inestábel, pero as órbitas non escapan: achéganse a un ciclo límite que a linearización non pode ver.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 9, subsección «Por que linearizamos: unha ollada aos sistemas non lineais».