Tema 9 · Sistemas de ecuacións diferenciais← Todas as webs

Modos de voo: o rolo holandés

Para pequenas perturbacións do voo nivelado, o ángulo de resbalamento lateral $\beta$ e a velocidade de guiñada $r$ cumpren (sen accionar o leme)

$\displaystyle\begin{pmatrix}\beta\\ r\end{pmatrix}'=\begin{pmatrix}Y_\beta&-1\\N_\beta&N_r\end{pmatrix}\begin{pmatrix}\beta\\ r\end{pmatrix}.$   Cos valores do libro ($Y_\beta=N_r=-0{,}3$, $N_\beta=4$): $\lambda=-0{,}3\pm2i$, foco estábel pouco amortecido.

Un amortecedor de guiñada (yaw damper) usa o leme para facer $N_r$ máis negativo: $N_r^{\text{ef}}=N_r-K$.

Que observar

  1. Cos datos do libro, $\beta(t)=0{,}05\,e^{-0{,}3t}\cos2t$ e $r(t)=0{,}1\,e^{-0{,}3t}\operatorname{sen}2t$: oscilan desfasados un cuarto de período e a amplitude redúcese á metade en $\ln2/0{,}3\approx2{,}3$ s.
  2. A ganancia $K$ despraza os autovalores cara á esquerda: aumenta a razón de amortecemento $\zeta$ e a oscilación desaparece antes.
  3. Se $N_\beta$ se fai negativo (perda de estabilidade de veleta), o determinante cambia de signo e o equilibrio convértese nunha sela: o avión diverxe.

Material complementario do libro Cálculo II. No libro: Tema 9, sección «Aplicacións aeroespaciais».